Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Cangas domina no Memorial Gerardo Méndez

RR_Noticias

O conxunto do Morrazo fíxose co triunfo en tres das catro categorías participantes no torneo de Nadal organizado polo Balonmán Chapela. Os anfitrións levaron o título na categoría infantil logo de catro días de competición no pavillón municipal de Chapela, polo que pasaron máis de 300 rapaces e rapazas.

No serán de onte xoves clausurouse o V Torneo de Nadal Memorial Gerardo Méndez coa participación dos clubs Cangas, Moaña, Academia Octavio, Sar e BM Chapela, organizadores da cita. Máis de 300 rapaces e rapazas participaron no evento, que se disputou nas categorías benxamín mixto, alevín mixto, infantil feminino e infantil masculino. Na categoría benxamín o Chapela impúxose na final ao Cangas. En infantil masculino o campión foi o Cangas A, que rematou invicto. Tamén se impuxeron na categoría infantil feminina logo dunha disputa moi rifada co Moaña, co que empataron a puntos. A diferenza de goles deulle o título ao Cangas. Pecharon o torneo os equipos de alevíns mixtos. Á final chegaron SAR e Cangas, que ofreceron un partido moi igualado e emocionante, no que finalmente se impuxeron os do Morrazo. Ao final do torneo fíxosee entrega a todos os xogadores dunha medalla conmemorativa pola súa participación.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará