Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Con eRRe de galego” suxire unha escolma de 74 cancións en galego de Nadal para a megafonía

RR_Noticias

Os membros do colectivo volveron presentar no rexistro unha queixa na que reiteran a pouca presenza que o noso idioma ten entre as cancións e os temas musicais que se están a emitir dende a megafonía instalada polo goberno nas rúas da vila. Neste segundo escrito ofrecen unha mostra discográfica de 74 cancións en galego de temática do Nadal. Así mesmo, solicítaselle ao goberno que mude os criterios de elección da banda sonora da vila de forma inmediata e incorpore as panxoliñas galegas necesarias para equiparar, no mínimo, ás radiadas en español.

O colectivo “Con eRRe de galego” entregou o pasado 22 de decembro un escrito no rexistro do Concello de Redondela sinalando a ridícula presenza do galego nas cancións radiadas no fío musical que o goberno do Concello colocou nas rúas da vila. A día de hoxe non obtiveron e “a presenza do galego en devandito fío musical non ten mellorado”.
A presenza do galego denuncian “segue a ser ridícula”. O colectivo considera que non se trata dunha cuestión de ignorancia ou falta de medios técnicos para remediar a situación. A marxinación do galego é cuestión de falta de vontade ou, se se quer, de vontade de minorizar a lingua galega.
“A normalización do galego é unha cuestión complexa e require de actuacións tamén complexas, mais tamén doutras máis sinxelas, de fácil execución e leve esforzo mental, O fío musical de Nadal é unha delas. É sinxelo atopar cancións en galego e igualmente doado reproducilas, ben sexa con CD ou a través de arquivos dixitais. Se o concello non é quen de levar adiante as accións sinxelas da promoción do galego, é obvio que as máis complexas están fóra do seu alcance”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará