Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno reclámalle ao PP un punto de información para asesorar aos afectados polo “catastrazo”

RR_Noticias

A proposta partiu dunha moción do BNG quen alerta do incremento importante que van experimentar os recibos de moitos veciños aos que se lles comezará a cobrar o IBI por elementos que até o de agora ficaban exentos deste tributo como galiñeiros, galpóns, pendellos ou mesmo churrasqueiras. A medida suporá un importante impacto para as familias, que deberán pagar unha taxa de regularización de 60 euros ademais de pasar a computar ese elemento como unha construción máis gravada co IBI. Os nacionalistas solicitan que un traballador do concello asesore aos afectados que queiran alegar contra o tributo e o PP rexeita a proposta argumentando que este servizo xa se ofrece na oficina de recadación municipal.

Dende hai meses o BNG de Redondela está a desenvolver polas parroquias unha serie de actos informativos en torno ao “catastrazo”, unha revisión que do Ministerio de Facenda ue suporá para moitos veciños un incremento importante do que teñen que pagar polo IBI. Os nacionalistas defenden que os propietarios paguen polas súas propiedades pero rexeitan que se estea a aplicar a contribución a elementos que ata o de agora estaban exentos de tributar. Neste sentido apuntan que moitos veciños “terán que pagar unha taxa de regularización de 60 euros que afecta a galpóns, galiñeiros, churrasqueiras e mesmo casetas de cans ademais de pasar ese elemento a computar como unha construción máis gravada co IBI”. Por este motivo, instan ao concello a que un traballador municipal atenda aos veciños afectados por esta regularización. A medida tería como obxectivo informar aos veciños das circunstancias particulares dos seus inmobles logo da actual regulación catastral ademais de axudar a que os afectados poidan presentar de xeito adecuado as súas alegacións. O PP sen embargo entende que non é preciso atender esta demanda ao existir en Redondela un servizo de recadación que “de luns a venres e en horario de mañá e tarde” ten a disposición dos veciños a unha persoa que asesora aos contribuíntes sobre calquera reclamación ou cuestión relacionada co Catastro”. Aseguraba ademais a voceira popular, Carmen Amoedo que “os traballadores municipais xa están saturados de traballo e non é posible reestruturar o servizo para que o persoal atenda estas demandas”. A proposta foi aprobada ao contar tan só cos votos en contra do PP e o apoio do resto dos grupos.  

Xoán Carlos González BNG
Defende a necesidade dun servizo que asesore aos veciños
Bernardo Crespo AER
Entende que é obriga do concello informar á cidadanía
Mauro Alvarez PSOE
Apoian tamén que un traballador municipal asesore aos veciños
Carmen Amoedo PP
Argumentan os populares que este servizo xa o reciben os veciños na oficina de recadación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará