A actuación da Rondalla Santa Eulalia de Mos no día de Reis en Redondela logra 300.000 visita en tan só tres días. A gravación, subida a Youtube por RedondelaTV, está a ter un éxito inesperado logo de que fora compartida ducias de veces e que incluso medios de comunicación de ámbito nacional o recolleran nos seus informativos.
A interpretación do tema Thunderstruck da mítica banda AC/DC non é un tema habitual das rondallas, sen embargo a de Santa Eulalia de Mos decidiu integrala no seu repertorio. Esta formación musical que conta con máis de cen integrantes baixo a dirección dun entregado director fixo unha espectacular posta en escena na súa actuación do pasado día 6 en Redondela. Unha interpretación que foi coreada polos veciños que nesa xornada ateigaban o centro da vila ao coincidir o día de Reis coa tradicional feira. O vídeo, gravado por RedondelaTV, foi subido á rede hai tan só uns días e fíxose viral con máis de 300.000 visitas.