Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o V Ciclo de teatro afeccionado de Chapela coa obra Un día moi movidiño

RR_Noticias

O Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle os sábados de xaneiro e febreiro a actuación de catro grupos de teatro afeccionado dentro dun ciclo que nesta quinta edición está organizado conxuntamente pola Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello. O programa inclúe como novidade unha proposta musical, Supershow, que se poderá ver o día 28. Todas as actuacións serán ás 20:00 horas e, malia seren gratuítas, compre retirar unha invitación previamente na recepción do Multiúsos.

A primeira das propostas chega este sábado co grupo Expresión Teatro quen porá en escena unha comedia de enredo baixo o título “Un día moi movidiño”. Risas aseguradas para unha obra na que o protagonista Juan, trata de refacer a súa vida logo dunha relación frustrada, Queda cunha moza, máis pouco a pouco comezan a chegar visitas inesperada que fan que todo se enrede e tome un xiro sorprendente. O sábado 21 o grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior achegará a obra A media Luz os tres e xa o día 28, o título Supershow deixaranos unha proposta musical a cargo do colectivo La Cuerda. Música en directo, coreografías orixinais e un guión cargado de humor lévanos ata os platós de televisión “para asistir en directo a un programa de variedades que se ten que enfrontar se a súa emisión máis complicada cando non aparece o presentador estrela, Xosé Ramón Gangoso”. Pechará o ciclo o 4 de febreiro a obra de Misturart teatro “En pé de guerra” baixa a dirección de Chusa Couñago quen nos propón “historias de guerra con tiros, bastante humor negro e poucos mortos”.  

Santi Teatro Asociación Cultural Chapela
Unha comedia para estrear o ciclo de teatro afeccionado
Fonte da Tella
O grupo de Soutomaior actúa o sábado 21
Un musical a novidade
Este anos inclúese un musical dentro do ciclo e unha obra para público adulto pechará as actuacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará