Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco celebra o regreso de Caloi

RR_Noticias

O centrocampista comezou a tempada no Coruxo e, ante a falta de minutos, regresa “ao seu club”. Un motivo de celebración no Choco, que acolle cos brazos abertos ao xogador. O redondelán confía en axudar agora ao equipo a acadar a permanencia, agora que atravesa un momento delicado en Terceira División.

Carlos Caloi iniciouse no Choco dende ben cativo. De seguido pasou ás categorías inferiores do Celta onde estivo anos ata volver a Redondela como cedido en idade xuvenil. Pero sería como sénior cando viviu algúns dos seus mellores momentos como futbolista. Chegou ao equipo en Preferente e ascendeu a Terceira División, onde estivo unha tempada ás ordes de Jacobo Montes. Cun papel moi destacado, chegoulle a oportunidade do fútbol profesional en Finlanda hai dúas tempadas e, tras iniciar esta campaña no Coruxo, regresa a Redondela por non dispoñer de minutos no equipo vigués. Sinala que “quería xogar” porque un futbolista sen minutos “perde as gañas e a ilusión”. Logo de dúas semanas no Choco asegura sentirse moi cómodo no vestiario, “como se nunca marchara”. Agora confía en poder axudar ao equipo, que atravesa unha situación delicada. O importanté é “puntuar o domingo ante o Vilalonga”. Está centrado no obxectivo de acadar a salvación”canto antes”.    

Carlos Caloi xogador
Amósase feliz co seu regreso ao Choco e confía en poder axudar ao equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará