Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O persoal de Nueva Pescanova acorda medidas de presión polo empeoramento das condicións laborais

RR_Noticias

Uns 400 traballadores acordaron na asemblea celebrada no Multiúsos de Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa que pretende aplicar un convenio que precariza as condicións laborais” e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan chegar a impoñer.

A asemblea convocada polas centrais CIG, CUT, UGT e USO na mañá do sábado no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, na que participaron unhas 400 persoas, amosou a oposición dos traballadores de Nueva Pescanova á proposta de convenio colectivo achegado pola empresa, que suporía unha “rebaixa brutal” das actuais condicións laborais.
En principio descartaron convocar mobilizacións á espera da resposta de Nueva Pescanova, aínda que adiantaron a posibilidade de realizar concentracións en Mercadona -un dos seus principais clientes- ou nas ETT que “posibilitan a competencia desleal durante as folgas”.De igual xeito, a votación das propostas amosou a vontade do cadro de persoal por enfrontar de xeito unitario o “ataque” da empresa. A primeira medida que adoptaron por unanimidade foi denunciar ante a Inspección de Traballo a “mala fe negociadora” por parte da empresa. Ademais, chegaron ao acordo de non facer as horas extraordinarias dos sábados e todas aquelas “que se poidan impoñer”.
Na comparecencia diante dos medios as catro centrais anunciaron que dentro dun mes convocarán unha nova asemblea para dar conta das xuntanzas que a representación dos empregados dos distintos centros de traballo manterán coa dirección de Nueva Pescanova os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro para continuar coas negociacións do convenio. Nese encontro tamén se abordaría a adopción de novas medidas de presión e a convocatoria de mobilizacións no caso de que a empresa non dea marcha atrás nas súas pretensións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará