Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco afástase máis do descenso cunha remontada ante o Vilalonga

RR_Noticias

Os de Marcos Montes deixan os postos de descenso a tres puntos tras logra a vitoria ante o Vilalonga nun partido intenso. A remontada dálle moral ao Choco para preparar o encontro do domingo ante o líder, o Rápido de Bouzas. No resto de categorías gañou o Choco B en Segunda Autonómica, e na Terceira vitorias de Vilar e Chapela, e empate do Cesantes.

Terceira División
Vilalonga 2-3 Choco
As xogadas a balón parado foron as protagonistas no partido disputado onte no campo do Vilalonga. O primeiro tempo trascorreu sen goles ata chegar a unha segunda metade de infarto. Lezcano puxo un centro ó primeiro pau que rematou Paredes ó fondo da rede e, tres minutos despois, o propio atacante local cabeceou unha falta lateral. En tan só once minutos o marcador reflectía 2-0. Marcos Montes deu entrada a Caloi, que debutaba esta tempada, e chegaron dous tantos en sendos saques de esquina. Misa foi o encargado de poñer os dous balóns na área. O primeiro rematouno Yago Vázquez e Javi González foi o autor do segundo. A quince minutos para o final do partido o partido gañou en intensidade. Unha falta sobre Óscar Pérez rematou cunha trifulca e as expulsións de Bisti por vermella directa e Rubén González por doble amonestación. Con dous futbolistas máis sobre o terreo de xogo apareceu Silva, quen recolleu un balón solto na frontal do área, deu volta e enganchou un lanzamento cruzado que entrou lamendo o pau. A vitoria permite aos redondeláns respirar algo máis tranquilos, a tres puntos dos postos de descenso. Unha boa inxección de moral para preparar o encontro que o domingo os enfrontará en Santa Mariña ao líder, o Rápido de Bouzas.
Segunda Autonómica

Choco B 1-0 Progresista
O Choco B partía como favorito neste encontro, e foi superior ao Progresista, sempre dominando o xogo e con presión constante sobre a portería rival. Froito desa presión chegou o gol de Raúl Antolín, aos dez minutos de xogo. Os de Redondela puideron sentenciar na primeira metade, contando con tres ocasiones moi claras para ampliar o marcador. Na segunda metade, o Progresista foise arriba en busca do empate, que estivo a piques de conseguir na recta final. O filial continúa segundo, só superado polo Santa Mariña. Nesta posición de privilexio o domingo recibe ao At. Matamá, afundido no pozo da táboa.
Arcade 1-1 Unión Sampaio
Reparto de puntos no derbi comarcal que deixa aos dous equipos na metade da táboa. Os de Soutomaior o domingo xogarán no campo do Figueirido, dous postos por baixo.
Terceira Autonómica

Atl. Vilar 3-1 Alcabre
O At. Vilar- Alcabre afástase un chisco do pozo da táboa logo da vitoria ante o Alcabre, que se mantén penúltimo. O domingo os de Vilar xogarán no Monte da Mina ante o Pereiró.
Peñasco 3-5 Chapela
O Chapela segue na zona alta da clasificación logo da goleada sobre o Peñasco. Dous goles de Posada, un de Santi, outro de Pitu e un último de Ari déronlle os tres puntos nun partido moi disputado. Na segunda praza, empatado co líder, o Chapela recibirá na próxima xornada ao Lavadores, cuarto do grupo.
Peña Beretes 1-5 Pereiró
O Peña Beretes segue como pechacancelas logo de perder cunha avultada goleada ante o Pereiró. Os de Chapela xogarán o domingo ante o Teis, no campo vigués, cos anfitrións na terceira praza do grupo.
Soutomaior 1-1 Cesantes
Interesante derbi comarcal que se saldou con reparto de puntos. Dani adiantou ao Soutomaior aos vinto minutos. O Cesantes conseguiu a igualada no tempo de desconto e desde o punto de penalti cando os anfitrións sufriran dúas expulsións. Os de Redondela, na cuarta praza, reciben na próxima xornada ao Presqueiras, da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará