Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle unha charla sobre as cláusulas solo e os gastos hipotecarios

RR_Noticias

A asociación de empresarios organiza esta tarde ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla na que se abordarán os aspectos xurídicos, económicos e fiscais destas cláusulas abusivas cobradas polas entidades bancarias e moitos titulares de hipotecas. Impartirá a charla o avogado Iago Rodríguez mentres que Rosa Amoedo, vogal da asociación, encargarase dos aspectos fiscais destas cláusulas.

Os hipotecados con cláusulas solo abusivas poden reclamar desde este luns aos bancos a devolución do diñeiro que lles cobraron de máis. Así se estableceu no real decreto lei aprobado o venres no Consello de Ministros e que se publicou este sábado no BOE. Pero é o consumidor o que ten que tomar a iniciativa para pór en marcha este proceso extraxudicial acudindo a unha sucursal, independentemente de que a entidade habilitase xa o mecanismo. Calquera persoa física que asinase un contrato con cláusulas solo, independentemente de se a hipoteca foi xa cancelada ou non, poderá acollerse a este mecanismo a condición de que cumpran os requisitos xurídicos. De todo isto falarase hoxe na charla que organiza a Asociación de empresarios e que quere aclarar aos veciños posibles dúbidas ao respecto e asesorar dos pasos que deben darse de cara a recuperar os cartos pagados indebidamente. Tamén se falará dende o punto de vista fiscal das implicación que terá recuperar eses cartos, xa que a devolución do diñeiro non tributará, pero si haberá que regularizar as deducións por vivenda practicadas de máis no IRPF dos anos correspondentes, sen asumir multas.  

Iago Rodríguez avogado
Impartirá unha charla informativa organizada dende a asociación de empresarios
Aspectos fiscais
Tentarase dar resposta a todas as cuestións relacionadas con este asunto
Clientes con hipotecas
Necesario informarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará