Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de monitor de tempo libre e camareiro de pisos con prácticas en empresas en Soutomaior

RR_Noticias

Aberto o prazo para se inscribir en dúas actividades formativas en Soutomaior. Por unha banda este concello convoca un curso de monitor/a de tempo libre de 350 h, das cales 200 son teórico – prácticas e 150 h de prácticas en empresas de animación e tempo libre. Comeza o 4 de marzo e remata o 21 de maio en horario de fin de semana, os sábados de mañá e de tarde e os domingos pola mañá. Tamén está aberto o prazo para se inscribir nun curso de 60 horas que permitirá aos sus participantes formarse na profesión de camareiro de pisos.

Esta formación con prácticas en empresas neste sector laboral con alta demanda, ten como obxectivo capacitar ás persoas que participen para a realización das tarefas propias deste posto de traballo. Así o alumnado aprenderá a limpar, arranxar as habitacións e a desenvolverse como camareiro en aloxamentos de hostalería. O curso ten unha duración de 60 h, 30 teóricas para falar das empresas comerciais e institucionais neste sector, atención á clientela, calidade, seguridade e hixiene, lavandería, etc; a continuación comezarase a fase práctica de 30 h que se levará a cabo en empresas para que o alumnado practique o aprendido. Vai dirixido preferentemente a mozos e mozas a partir dos 16 anos e tamén a toda aquela persoa interesa en formarse nesta profesión e o prazo dei nscrición remata o 2 de febreiro.
Ata o día 20 deste mes teñen de prazo os interesados eu obter o título de monitor de tempo libre. Cando remate o curso o alumnado obterá unha titulación expedida pola Xunta de Galicia que lle permitirá traballar no eido da animación e do tempo libre. Durante o curso o alumnado ademais de ver os contidos teóricos sobre as áreas de aire libre e medioambiente, saúde, organización e recursos, psicopedagoxía e animación tamén porá en práctica o aprendido mediante a realización de actividades dirixidas polo equipos de monitores/as que impartan as clases. Para participar neste curso hai que ter como mínimo 18 anos e a ESO ou EXB. As prazas son limitadas e haberá que inscribirse previamente na OMIX.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará