Co obxecto e mellorar e facilitar a accesibilidade das persoas con problemas auditivos, o concello de Redondela ven de implementar unha serie de actuacións de tipo técnico e formativo. A primeira consistirá en instalar dous bucles magnéticos que facilitarán o uso dos audífonos no Multiusos e no edificio do concello. A segunda inclúe formación para que os funcionarios teñan noción de linguaxe de signos que faciliten a comunicación coas persoas xordas.
O programa conta con varias liñas de actuación: unha primeira de tipo técnico, que inclúe a instalación de dous bucles magnéticos, un deles no Auditorio Multiusos e o outro no rexistro do edificio do Concello.
O bucle magnético é un sistema de son que transforma o sinal que todos podemos oír nun campo magnético captado polos audiófonos dotados de posición T. Estes audiófonos teñen unha bobina que transforma ese campo magnético en son dentro do oído, permitindo que o usuario reciba un son limpo e perfectamente intelixible. As persoas xordas poderán escoitar perfectamente e gozar das actuacións que se celebren no auditorio e entenderse para realizar xestións no rexistro do concello.
Ademais, o Concello disporá de servizo de intérprete de Lingua de Signos e inclúe formación dos funcionarios de 30 horas para que teñan nocións da linguaxe de signos e así poder comunicarse coas persoas xordas.
A estas iniciativas hai que engadir medios físicos, como material escrito e dispoñible en formato dvd e unha axeitada sinalización nos edificios públicos.
A edil de servizos sociais, Carmen Amoedo explica que “con estas actuacións perséguese que as persoas con disparidade auditiva poidan realizar xestións no noso concello e gozar das actividades culturais que se organizan”.