O Colectivo Republicano viuse na obriga de suspender o acto previsto para a tarde de hoxe a cargo do exteniente do exército Luis Gonzalo Segura por cuestións médicas. Si se celebra esta tarde na Casa da Cultura unha charla coloquio titulada “Falando de… aprendizaxe emocional” organizada pola Asociación de Amigos das bibliotecas ás 20:30 horas con entrada libre.
A relatora Rosa Encinas explicará aos asistentes a importancia de entender as emocións, xestionar os desexos e canalizar as esperanzas.
Por outra banda, o Colectivo Republicano pospón a actividade que se ía desenvolver no Multiúsos ás 19:00 horas. Unha enfermidade dun familiar de Luís Gonzalo Segura, extenente do Exército que ía impartir a charla “Criminalización do pensamento”, impídelle estar en Redondela motivo polo que se adía este acto ata novo aviso.