Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O último tramo do paseo do río Maceiras realizarase neste 2017 coa colaboración da Xunta

RR_Noticias

O conselleiro de Vicepresidencia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá Redondela para coñecer de primeira man o resultado das obras do paseo do río Maceiras, que contou con financiamento autonómico.

Acompañado do alcalde, Javier Bas, e os concelleiros Carmen Amoedo e Arturo González, percorreu o tramos da senda fluvial que xa está realizado e que utilizan a diario moitos veciños. Rueda salientou a utilidade pública deste paseo, e comprometeu a colaboración da Xunta de Galicia para realizar o terceiro e último tramo que está aínda pendente de executar. O rexedor local explicou que o proxecto da obra xa está realizado, así como a tramización dos permisos correspondentes, polo que confía en que a obra se realice ao longo deste ano 2017.    

Javier Bas alcalde de Redondela
O alcalde confía en realizar o último tramo da senda fluvial neste 2017.
Alfonso Rueda conselleiro de Vicepresidencia
O conselleiro comprometeu a colaboración da Xunta para a realización do último tramo do paseo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará