Lembran que estes diques están incluídos nun estudo de potenciación turística da Enseada de San Simón (2010), coma un recurso cultural máis e que o ser valor como patrimonio industrial é indiscutible. “Son únicas, xunto ás dos portos de Pontevedra e Noia”. Forman parte da paisaxe da Enseada, tal como a coñecemos, e é un dos elementos físicos que a caracterizan, por isio insisten en que a súa retirada ademais de supoñer unha perda do patrimonio suporía tamén a perda dun recurso turístico a explotar.
Andrés Laxe lembra que no libro de Alberte Román, “Sal, sardiñas e peiraos” editado por Alén Nós en 2008, explícase que estas escolleras foron feitas para reforzar a canalización do Alvedosa facilitando a navegabilidade ata o porto de Redondela. “Esta obra acometeuse debido ao continuo arrastre de sedimentos durante os séculos precedentes (deforestación das terras das marxes do Alvedosa e Maceiras) que transformaron a barra da desembocadura nun lameiro innavegable. As pequenas protuberancias de pedra que sobresaen a cada lado son para indicar o percorrido das escolleiras cando subía a marea, incluso tiñan luminarias durante a noite sobre os postes sobresaíntes”. Segundo di o libro, as obras desenvolvéronse entre 1929 e 1931. Apunta Guillermo Fontán quen estes diques “merecen ser defendidos” malia os argumentos da confraría que defenden xustamente a súa retirada por entender que son responsables en parte de que a praia de Cesantes estea a quedar sen area. Un argumento que en non comparten en Alén Nós quen reclaman “algún estudo serio que avale esas afirmacións”. Unhas barras que contan cun século de historia e que son xa “patrimonio histórico de Redondela” polo que o seu intento de retiralas do río ven demostrar que “non hai sensibilidade cara o patrimonio” conclúe Andrés Laxe.