Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela “D.E.P.” de Malasombra Teatro

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:00 horas unha actuación de Malasombra Teatro, quen porá en escena o espectáculo “DEP. Descanse en paz”. Unha comedia de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Jousé García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal. Nela se expoñen, con moito humor e ironía, o egoísmo, a mentira e o engano que xorden entre irmáns diante do reparto dunha herdanza.

Unha obra na que se aborda, con moito humor, unha situación que pode acontecer en calquera familia, xa que non sería a primeira vez na que unha herdanza enfronta a irmáns e os sitúa ante situacións difíciles. Humor negro para tocar temas como a necesidade de coidar dos maiores, o sacrificio desigual, as disputas entre herdeiros ou o que se pode chegar a facer por avaricia. A obra representarase este sábado no Multiúsos e as entradas poden retirarse xa a un prezo de 5 euros (3 euros entrada reducida para xubilados e desempregados).  

Xoque Carbajal actor
Unha obra cargada de humor negro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará