Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro de fotografías “A ruta dos refuxiados” na Disco Tasca

RR_Noticias

Juan Teixeira e Cristian López presentan este sábado 11 ás 19:00 na Discotasca o libro “A ruta dos refuxiados. Un libro de fotografías en branco e negro que documenta a ruta que seguen os refuxiados para entrar en Europa. Farase tamén unha breve presentación da experiencia dunha das integrantes da editora como voluntaria no campo de Oinofyta, campo xestionado por Do your part, que é a ONG á que vai dirixida 1 euro de cada exemplar vendido do libro.

O libro, publicado pola editorial Catroventos, é unha crónica en imaxes dun dos fitos fundamentais da nosa historia recente que ilustra as condicións de vida nas principais vías de entrada ao continente. Ducias de fotografías en branco e negro que ilustran a penosa odisea de centos de refuxiados dende a súa entrada aos campos de Lesbos ou Idomeni, en Grecia, ata a súa chegada a Francia e Alemania.
Os fotógrafo vigueses Felipe Carnotto, Adrián Irago e Juan Teixeira, e o vasco Unai Beróiz, poñen as imaxes tomadas entre overán do 2015 e os primeiros meses do 2016 a este relato narrado a través das palabras do xornalistas Cristian López.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará