Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Barallan a violencia machista como causa da explosión con dous falecidos en Chapela

RR_Noticias

A policía baralla como hipótese máis probable que se trate dun novo caso de violencia de xénero, o primeiro con consecuencias tan dramáticas no noso concello. Todos os indicios apuntan a que Emilio Fernández Castro, exparella de María José Mateo, tería manipulado dúas bombonas de butano no interior da vivenda. A explosión provocou o falecemento de ambos. O Concello de Redondela convoca unha concentración ás 12:00 horas para amosar a repulsa polo acontecido e trasladar unha mensaxe de solidariedade á familia.

Os falecidos son unha muller Mª José M.G. de 50 anos de idade e a súa exparella, Emilio F.C de 47 anos. Tiñan un fillo en común de 8 anos de idade que no momento da explosión atopábase na casa dos avós. Os feitos tiveron lugar ás 20:25 horas de onte no Camiño Pousadoro no barrio Igrexa. Ao lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros de Vigo e a Policía Nacional así como efectivos da Policía local de Redondela. Segundo confirmou o concelleiro de interior, Arturo González, no interior do inmoble atopáronse dúas bombonas de butano coa goma cortada e dúas garrafas de gasolina polo que todo apunta a que se trataría dun caso de violencia machista “esa é a principal hipótese coa que traballa a policía”. Tamén hai constancia, segundo declaracións de familiares da muller, que a súa ex parella a tiña ameazado nalgunha ocasión a raíz de que se iniciasen os trámites de separación. Malia todo a muller non tiña presentado denuncia nin na policía nin nos servizos sociais. A fachada do inmoble quedou derrubada a consecuencia da explosión, polo que os bombeiros procederon a apuntalar a vivenda. Con todo, o edil apunta que a traxedia puido ser maior, xa que no mesmo inmoble residen tanto a nai da falecida como unha irmá e os fillos desta. O concello convocou xa unha concentración de repulsa ás 12:00 horas ás portas da casa consistorial e barallan decretar un día de loito e convocar unha manifestación en Chapela o próximo venres.  

Arturo González edil de interior
Explicaba na radio o acontecido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará