Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raquel Queizás presenta en Chapela a obra infantil O segredo do tendal

RR_Noticias

Traballo actoral e manipulación de obxectos sérvenlle a Queizás para achegarlle aos cativos historias increíbles. A representación terá lugar o sábado 25 ás 17:00 horas no Multiúsos de Chapela con entrada a 3 euros. Unha actividade enmarcada dentro da programación da Concellería de Cultura.

Un espectáculo que xoga a tensar os límites entre conta contos, títeres e pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, onde case nada é o que parece. Grazas a unha técnica de manipulación de panos inspirada nos Mestres de marionetas orientais o escenario pasa de amosar pezas de roupa secando ao sol,  a ser o interior dun Castelo,  un mar poboado por sereas ou a cova dun feroz polbo gardián dun tesouro. Inspirado nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias da súa avoa mentres tendían a roupa ao sol, Raquel Queizás preparou este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais.  

O segredo do tendal
Unha proposta orientada a público infantil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará