Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello convoca unha manifestación en contra da violencia de xénero en Chapela

RR_Noticias

A marcha, que partirá ás 19:00 horas do venres dende as Catro Pontes e percorrerá a Avenida de Vigo ata a Alameda de Chapela, súmase aos dous días de loito decretados para este venres e sábado en repulsa polo asasinato de Mª José Mateo a máns da súa ex parella na explosión do pasado luns 20 de febreiro no barrio da Pousadoura e na que ambos os dous faleceron. A corporación aproba unha condena “rotunda e sen fisuras” contra a violencia que se exerce contra as mulleres.

Dende hai anos non hai sesión plenaria que non arranque en Redondela cun minuto de silencio en lembranza das mulleres vítimas da violencia de xénero. Con todo, o minuto de silencio vivido hoxe na casa consistorial foi, se cabe, máis sentido e profundo, xa que con el queríase  render homenaxe a Mª José Mateo “Sesé”, a veciña de Chapela que o pasado luns morría na explosión da súa vivenda nun acto premeditado e provocado pola súa ex parella. A concelleira de Muller, Teresa París, era a encargada de poñer voz a un manifesto conxunto de todos os grupos no que ademais de amosar unha condena rotunda contra os actos terribles nos que un home acaba coa vida dunha muller, salientaron a necesidade de facer unha profunda reflexión sobre o que está a pasar na nosa sociedade, tamén en Redondela “non podemos permitir que a muller sega a ser considerada coma unha propiedade”. Un manifesto que recollía tamén unha mensaxe de condolencia e solidariedades “cos familiares afectados por este terrible acto e especialmente cons dous fillos e a filla de Mª Jose´”. No pleno lembrouse que hai decretados dous días de loito oficial, o venres e sábado, xornadas nas que se suspenden todos os actos programados polo Concello e o alcalde, Javier Bas, quixo facer un chamamento a veciñanza para que acudan mañá á manifestación convocada para as sete da tarde en Chapela.  

Teresa París Concelleira de Muller
Foi a encargada de dar lectura ao manifesto conxunto en contra da violencia machista
Javier Bas alcalde
Facia un chamamento a veciñanza para que acudan a manifestación do venres en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará