Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo consolídase como mellor equipo galego da Divisón de Honra Prata Feminina

RR_Noticias

As redondeláns impuxéronse no pavillón do Carballal e afianzan a cuarta praza, mentres o Cíes Chapela perdía ante o líder, o Xixón. Na Primeira Nacional masculina os dous equipos locais acadaron a vitoria. O Rodosa Chapela foi moi superior ao Teucro, e a SAR Plastic Omnium gañou ao Lavadores nun encontro apertado.

Honra Prata Feminina
Carballal 27-28 SAR Rodavigo
A SAR Rodavigo confirmouse o pasado sábado como o mellor equipo galego da División de Honra Prata tras imporse no derbi ao Carballal na pista viguesa por un apertado 27-28. O triunfo reafirma ás redondelás na cuarta praza do grupo, cando restan cinco xornadas. As de Elisardo Covelo “Chini” tomaron o mando desde o inicio do partido con vantaxes de ata catro goles. O Carballal reaccionou na metade da segunda parte e quedou a un só gol (22-23, m.46). Nun trepidante final as locais seguían recortando as distancias marcadas polas redondelás, e chegaron a dous minutos do final co 27-28 no marcador. E o luminoso xa non se movería. Espléndido resultado para a SAR, que na próxima xornada recibe ao Palencia, da metade da táboa.
Chapela 27-35 Xixón
O pechacancelas Cíes Chapela caeu no seu pavillón ante o líder Xixón . As locais aguantaron a igualdade a metade da primeira parte, pero a segunda exclusión de Emma no minuto 15 conseguiu que as de Lupo se diluíran na pista. Tras a exclusión o Xixón foise no marcador e acabou gañando. Na próxima xornada visitan a pista do Pereda, terceiro do grupo.
Primeira Nacional

Chapela 37-28 Teucro
Ata a segunda parte o Rodosa Chapela non conseguiu despegarse no marcador do Teucro Asegrup. Ao descanso estaban empatados. Nos últimos 30 minutos tan só encaixaron 10 goles que lles serviu para gañar o partido cunha ampla vantaxe. Os de Teixeira, que son cuartos, repiten como locais na próxima xornada e recibiránen en Chapela ao Seis do Nadal, 10º clasificado.
SAR 33-30 Lavadores
A SAR Plastic Omnium afástase dos postos perigosos da táboa cunha importante vitoria no derbi ante o Lavadores. O partido resolveuse no últimos catro minutos, aos que se chegou cunha mínima renda local (29-28). Un parcial de 4-1, cunha exclusión do Lavadores polo medio, decidiu. Antón, con 16 goles, levou ao seu equipo a unha vitoria moi importante. Na próxima xornada viaxan a Coruña para medirse ao OAR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará