Os de Fran Teixeira superaron ao Seis do Nadal e ocupan a terceira praza da Primeira Nacional, mentres que a SAR perdía por un gol na Coruña ante o OAR. Na Honra Prata Feminina, a SAR Rodavigo impúxose ao Palencia, mentres que o Cíes Chapela segue sen puntuar.
Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 30-25 Palencia
Custoulle moito ao Sar Rodavigo gañar ao BM. Turismo Palencia, que fixo traballar moito ás xogadores de “Chini” para conseguir os dous puntos en xogo. Na próxima xornada teñen un longo desprazamento, visitan ao Tejina
Pereda 25-16 Cíes Chapela
Segue sen conseguir a ansiada vitoria o Cies Obra Civil BM. Chapela. O equipo, pechacancelas do grupo, está a atopar moitos problemas para marcar goles. A próxima fin de semana reciben ao Valladolid.
Primeira Nacional
Rodosa Chapela 31-20 Seis do Nadal
Vitoria do Rodosa Chapela ante o Magope Seis do Nadal, o que lle permite empatar a puntos co terceiro e colocarse a tan só un punto do segundo. Na próxima xornada visitan o pavillón do Bueu.
OAR 28-27 SAR Plastic Omnium
Nun partido no que sempre foi por detrás no marcador, chegando a perder de 6 goles, os de Carlos Rey foron capaces de plantarse no último minuto a un gol de diferenza pero faltoulles tempo para conseguir a remontada. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Teucro.