O equipo de Chapela lograba unha importante vitoria na súa visita ao campo do Valadares. Un 4-6 que lle permite escalar ata o cuarto posto da táboa en vésperas do derbi local que se disputará na vindeira fin de semana no pavillón da parroquia ante un Arealonga que non levanta cabeza e que caía ante o líder, o Lume Corbatas por 1-2. Boa xornada para o Redondela que se facía cos puntos en xogo ao vencer por 4-2 ao Verín.
O equipo senior do Redondela volvía atopar esta fin de semana a vitoria ante o Verín. Dous tantos de Miguel, un de Borja e un de Dani déronlle o partido ao Redondela que se sitúa na oitava praza da autonómica sur e que na vindeira semana xogaran cun dos favoritos da categoría, o Cereixa Gondomar, situado na segunda praza.
Tamén bos resultados para o Campito que se desprazaba ao campo do Valadares e lograba traerse os puntos para casa logo de vencer por 4-6. Unha vitoria importante que lle permite ascender á cuarta praza en vésperas dun derbi que na vindeira fin de semana os vai enfrontar ao Arealonga, en peor situación logo da derrota ante o líder. O Arealonga caía por 1-2 ante o Lume Corbatas e son agora 14 do grupo.