Estas actuacións dispoñen dun prazo de execución duns 18 meses e comezarán en abril. Consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km. e inclúen a renovación das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona do Mercado Municipal e da alameda. Tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións. Unha actuación que xa provocou algunhas protestas veciñais por entender que o proxecto vai eliminar numerosas prazas de estacionamento nunha zona con dificultades para aparcar.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras de mellora da travesía que vai de Chapela a Vigo, a PO-323, na rúa de Vigo, en Redondela, por un importe de preto de 1,8 millóns de euros. A actuación foi adxudica á empresa Civis Global S.L.U e as obras, que comezarán previsiblemente no vindeiro mes de abril, teñen un prazo de de execución de18 meses.
As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona que é moi concorrida, no contorno do Mercado Municipal e da alameda.
Este proxecto contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas. Ademais tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións.