Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actos institucionais, deporte e cine para conmemorar o 8 de Marzo

RR_Noticias

A Concellería da Muller organiza durante este mes de marzo diferentes actividades co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra este mércores. As citas arrancarán mañá cun acto institucional ás doce do mediodía ás portas do Concello e a inauguración, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira, da exposición “Mulleres en Realidade” dedicada este ano aos clubs femininos de balonmán, tanto da SAR como do Chapela, que militan na división de Honra Prata.

As rapazas da SAR Rodavigo e o Cíes Chapela, equipos que compiten a máis alto nivel, son as protagonistas este ano da exposición que se poderá visitar ata finais de mes no Multiúsos da Xunqueira. Un xeito de recoñecer e reivindicar tamén o deporte feminino, moitas veces esquecido malia o esforzo que supón para estas mulleres competir nestas categorías. A programación continuará o domingo día 12 cunha cita tamén deportiva no Pavillón da Marisma, unha actividades que arrancará ás 16:30 horas e que busca dar a aportunidade a todas as persoas que o desexen a achegarse a diferentes modalidades deportivas. A concellería organiza tamén neste mes dúas charlas en torno á saúde que se desenvolverán no Centro Cultural de Cesantes o xoves 16 ás 18:00 horas e na Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde o venres 24 a mesma hora. O cine será o protagonista nos actos que se celebren a finais de mes. Así, o xoves 23 presentarase un documental no que se recollen entrevistas con mulleres de diferentes nacionalidades que levan tempo residindo en Redondela e que contarán as súas experiencias de como chegaron e se asentaron no noso municipio. Pechará o programa unha mesa redonda na que se analizará “o papel das mulleres no audiovisual galego”.  

Teresa París Concelleira da muller
Fala dos actos que se celebran no propio día 8
Documental e mesa redonda
Dúas citas en torno ao cine os días 23 e 28

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará