A oposición, a través dos grupos do PSOE e a edil non adscrita Raquel Quintáns, levou a pleno unha moción na que pide que Redondela cree a ordenanza que permitiría cobrar ás empresas eléctricas unha taxa pola ocupación de espazo público. Unha ordenanza que estaría avalada polo Tribunal Supremo quen recentemente, en resposta a unha demanda presentada polo Concello de Arteixo, emitiu unha sentencia na que se recoñece o dereito da administración local a cobrar por estas instalacións. A moción saíu adiante coa abstención do PP e o apoio de todos so grupos da oposición e podería supoñer, no caso de aplicarse finalmente, importantes ingresos para o Concello.
A sentencia do Supremo viría avalar que os concellos cobren unha taxa por conceptos como ás liñas instaladas polas compañías eléctricas de alta tensión ou as canalizacións de gas. De feito estímase que o Concello de Arteixo recibirá uns 4,7 millóns por este concepto e aínda que non se coñecen datos de canto lle reportaría a Redondela recibir esta compensacións das empresas eléctricas “sería moi beneficioso, tendo en contra que hai moitas liñas de alta tensión que atravesan o municipio ademais doutras instalación ás que tamén se lles aplicaría esta taxa”. Neste sentido dende o BNG propoñen que parte do cobrado por este concepto sirva para compensa ás comunidades de montes que están afectadas por estas liñas de alta tensión. A voceira do goberno, Carmen Amoedo, pedía prudencia aos grupos da oposición e argumentaba a abstención do seu grupo alegando que “os técnicos municipais xa están a estudar a posibilidade ou non de implantar esta nova ordenanza fiscal” e pedía ao resto dos grupos “esperar a que o servizo de tesourería presentase un informe ao respecto”. Na súa moción so socialistas insistía en que é unha cuestión de xustiza “que se taxe pola utilización do espazo público xa que estas empresas privadas obteñen beneficio mediante a ocupación do dominio público, crean limitacións operativas e provocan impacto visual mediante as infraestruturas de transporte de enerxía ou similares”. O edil Mauro González, engadía ademais as peculiaridades do noso concello “por onde tamén pasa un gaseoducto ao que podería aplicarse a taxa” e amosaba a súa sorpresa “porque o PP non defenda esta ordenanza que lle suporía ao concello ingresos salientables”. No mesmo sentido manifestábase o voceiro de AER, Bernardo Crespo, Campa A nova ordenanza, no caso de ir adiante, permitiría cobrar unha taxa municipal por ocupación de espazo público ás empresas transportadoras de enerxía (as dsitribuidoras) en especial ás de electricidade e gas, entre outras Red Eléctrica Española, Gas Natural ou Unión Fenosa Distribución.