Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia a existencia de vertidos de cascallos nunha finca particular na Rabadeira

RR_Noticias

Vinculan a pasividade do goberno local neste asunto, malia as denuncias veciñais, ao feito de que “o propietario da finca denunciada é familiar en primeiro grao dun coñecido membro do PP de Redondela”. Aseguran ademais que a resposta do Concello, na que afirman que xa se retiraron estes restos “non é certa”. Argumentan que os restos depositados na finca foron soterrados “nalgunhas zonas o terreo gañou aló menos un metro tal e como constata o propio inspector de Augas de Galicia que acudiu ao lugar o pasado 24 de febreiro”.

Explican dende AER que esta situación remóntase ao mes de xuño pasado cando se depositan restos na finca dun particular situada a carón do río Maceiras na Rabadeira. Alertados polo propietario lindeiro con esta finca comunícaselle a situación ao Concello quen responde que “os restos xa foron retirados”.
Algo que segundo explica a Agrupación de Electores “non é certo, porque só se retiraron os residuos procedentes do dragado do Maceiras, deixando restos de obras que foron achantados por unha escavadora”.
Nos últimos meses os vertidos de terra e refugallos continuaron “gañando o terreo nalgún puntos ata un metro de altura”.
Ante esta situación os veciños presentaron unha denuncia urbanística e ata o lugar desprazouse unha patrulla da policía local quen certifica a existencia de movementos de terra recentes na finca, do mesmo xeito que un inspector de Augas de Galicia quen “constata que o terreo gañou a altura de polo menos 1 metro”.
O caso está agora en mans de Augas de Galiza e a policía autonómica, onde tamén se presentou denuncia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará