O acusado enfrontábase inicialmente a 12 anos de prisión por abusar das súas dúas fillas menores durante máis de tres anos en Redondela. Un acordo de conformidade coa Fiscalía e a defensa permitiu reducir a condena a unha pena mínima de 2 anos polo que finalmente eludirá o cárcere. En concepto de responsabilidade civil deberá indemnizar a cada nena con 1.500 euros.
No proceso está tamén acusada a súa exesposa e nai das nenas xa que tería consentido e incluso propiciado os abusos. Sen embargo, a muller non compareceu polo que a sala ditou orde de busca e captura e o seu ingreso en prisión.
Os feitos remóntanse ao ano 2008 e prolongáronse ata o 2011. Ao longo dese período o condenado aproveitándose da confianza propia da relación familiar someteu ás nenas a abusos sexuais de xeito repetido, primeiro no domicilio familiar e posteriormente, unha vez divorciado, durante as visitas que as súas fillas facían á casa do acusado.
A raíz do acordo entre Fiscalía e defensa, no que se tiveron en conta diversas circunstancias, fudamentalmente a súa colaboración coa xustiza, o home foi condenado como autor de dous delitos de abusos sexuais, un deles continuado, e xunto ao dous anos de cárcere acordouse a retirada da patria potestade e a prohibición de achegarse ou comunicarse durante doce anos coas nenas, que pasaron a tutelada Xunta no 2012. O acusado non entrará no cárcere e deberá pagar unha indemnización de 3000 euros ás fillas.