Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE de Redondela arroupa a Pedro Sánchez

RR_Noticias

Destacados dirixentes do partido a nivel local, entre eles o que fora candidato á alcaldía Eduardo Reguera ou a secretaria xeral das xuventudes socialistas en Redondela, Ursula Lorenzo “Luly” apoiaron onte a Pedro Sánchez na súa primeira visita a Galicia dende que anunciara a súa intención de competir novamente pola secretaria xeral do PSOE.

Pancartas co lema “Non é non” que caracterizou o rexeitamento de Pedro Sánchez á investidura de Mariano Rajoy formaron parte dos actos celebrados onte xunto co slogan “Si é si”  elixido polo agora candidato para disputar as primarias.
Malia as evidentes ausencias como o exlider do PSdeG Xosé Ramón Gómez Besteiro ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen en todo momento amosou o seu apoio a outro dos candidatos, concretamente á andaluza Susana Díaz, Pedro Sánchez si parece contar cun amplo apoio entre os militantes, entre eles os de Redondela, moitos dos cales non dubidaron en desprazarse a Ponte Caldelas e posteriormente a Ourense para participar dos actos de campaña de Sánchez
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará