A cita desenvolverase en Arcade este domingo día 26 e prevé a participación de máis de 300 corredores de diversas idades nun circuíto que percorrerá a localidade. Esta cita deportiva está enmarcada dentro das actividades previas á Festa dá Ostra, que se celebrará o próximo 1 e 2 de abril e o prazo para se inscribir remate este mércores día 22, a través da páxina www.cronotec.es. O prezo é de 5 euros salvo para os empadroados en Soutomaior que será gratuíta, e que terán que realizar a inscrición no pavillón da Montesiña ata o día 23. Os máis pequenos poderán inscribirse media hora antes da carreira.
O obxectivo da organización, lonxe da competitividade, é involucrar a todos os veciños nun evento de exaltación do deporte e a vida saudable.O percorrido terá unha distancia de pouca máis de cinco quilómetros e unha das novidades deste ano é que se realizará en sentido inverso ao habitual para facelo máis accesible e restarlle dureza. A área recreativa do Peirao de Arcade será a protagonista absoluta da proba, xa que nela instalaranse tanto a liña de saída,como a meta,ademais da recollida de dorsais. Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da categoría absoluta recibirán un trofeo conmemorativo mentres que nas categorías inferiores os participantes recibirán unha medalla de recordo.
As distancias oscilan entre os 5.300 metros do percorrido da carreira absoluta e os 100 metros do traxecto establecidos para os máis pequenos, a categoría chupete para nenos menores de 5 anos.