O Multiúsos da Xunqueira acolle este martes ás 19:30 unha mesa redonda na que se falará da situación actual da muller no audiovisual galego. Participarán a actriz Iria Sobrado, a guionista Lidia Fraga e a produtora e representante Amalia Mato, que explicarán as súas experiencias no mundo audiovisual. Esta actividade está organizada pola Concellería de Igualdade e conta coa colaboración da Academia galega do audiovisual.
Unha actividade que serve para pechar a programación organizada dende a Concellería co gallo da celebración este mes do Día da Muller.