A actividade, organizada polos grupos de acción local do sector pesqueiro, está destinada a xente do mar, emprendedores en actividades vinculadas ao mar, sectores auxiliares da pesca, asociacións e público en xeral. A xornada desenvolverase na casa da cultura o venres 31 ás 19:00 horas. Participan Elena Herbello e Ricardo Prego.
Baixo o título “Xornada de información das axudas e sensibilización medioambiental” os grupo de acción costeira da ría de vigo organiza o venres da vindeira semana unhas charlas que contarán coa intervención de Elena Herbello, encargada da presentación de axudas estratéxicas de desenvolvemento local participativo, e Ricardo Prego quen falará das condicións oceanográficas que favorecen a depuración de contaminantes na ría de vigo.