Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cando ir á escola é un perigo

RR_Noticias

É o caso do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes. O acceso ao centro desde o Viso carece de zonas habilitadas para os peóns, non existen beirarrúas nin pasos de cebra. Tampouco hai espazo suficiente para o estacionamento dos coches das familias que acoden a levar e seus fillos, que acaban invadindo a zona reservada para os autobuses escolares, o que provoca coas de tráfico e situacións de perigo.

Desde a ANPA demandan desde hai anos beirarrúas polas que os escolares poidan acceder con seguridade, e un paso de peóns sinalizado onde poder cruzar, xa que non existe ningún. A instalación de bandas sonoras para redurir a velocidade do tráfico nesta estrada tan concurrida é outra das demandas que segue sen cumplirse. A situación complícase no horario de entrada e saída dos rapaces, ás 9.30 e ás 14.30 horas. Os autobuses de transporte escolar deben maniobrar marcha atrás esquivando aos turismos e aos nenos, o que ocasiona moitas situacións de perigo. Nuria Rodríguez, presidenta da ANPA, denuncia esta situación de “inseguridade” e lamenta o estado de “abandono” deste acceso ao centro. Na contorna do centro hai varias fincas, tanto de titularidade pública como privada. Desde o Consello Escolar Municipal demandouse en varias ocasións ao Concello que xestionase cos propietarios a súa cesión ou compra para poder dotar ao colexio dun acceso seguro para o transporte escolar e unha zona de aparcadoiro para os pais e nais. Pero, como explica Paco, outro dos pais deste centro, “seguen á espera”. O problema de seguridade non o sofren só as familias e alumnos, tamén os conductores do transporte escolar, que se senten impotentes ante as dificultades para realizar con seguridade o seu traballo. Denuncian que os pais e nais non respectan as zonas reservadas para os autobuses e advirten que en calquera momento “pode suceder unha desgracia”. A directora do centro, Loli Montes, entende que existe un conflito entre as diferentes administracións implicadas. No acceso ao colexio hai terreos que pertencen ao Concello de Redondela, outros á Deputación de Pontevedra e á estrada nacional ao Ministerio de Fomento. Na sesión plenaria celebrada onte polo pleno da corporación, a Agrupación de Electores de Redondela trasladou ao goberno local esta necesidade. Lembrou as reiteradas demandas da ANPA e dos consello parroquiais de Cesantes e do Viso para a ampliación do entorno do CEIP Outeiro das Penas, coa adquisición de parcelas colindantes co propio colexio. Deste xeito poderíase regular a entrada e saída dos autobuses escolares, dotar a zona de aparcadoiro exterior e mellorar a seguridade viaria do entorno do colexio. Por parte do goberno local informouse que están a tramitar con Fomento a cesión dalgunha das parcelas propiedade do Ministerio, pero polo de agora non existe aínda ningún acordo.

Nuria Rodríguez presidenta da ANPA
Desde a ANPA levan anos denunciando a falta de seguridade no acceso ao centro.
Paco pai de alumnos
Paco que é pai dun alumno do centro lembra que hai xa máis de oito anos que o concello escolar fixo esta demanda.
O chófer advirte do grave perigo
Os conductores do transporte escolar xa advertiron en numerosas ocasións que existe un grave risco de atropelos.
Loli Montes directora do CEIP
A dirección do centro entende que existe un conflito entre as distintas administracións responsables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará