No noso concello colocaranse 8 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Turismo da vila, María Teresa Paris, comprobaron a colocación das primeiras mouteiras que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio.