Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plstic Omnium confirma a permanencia grazas á vitoria do Rodosa Chapela ante o Octavio

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira gañaron en Vigo para seguir vivos na pelexa pola fase de ascenso, e o seu triunfou sobre o Octavio serve para garantir a salvación da SAR a tres xornadas de que remate a liga. Na Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo impúxose en Asturias ao líder e o Chapela perdeu ante o Seis do Nadal.

Honra Prata Feminina
Oviedo 26-28 SAR Rodavigo
A falta dunha xornada para que remate a liga, as xogadores de Lisardo Covelo “Chini” gañaron na casa do líder, o Oviedo. Na cuarta praza da liga despedirán esta gran temporada en Redondela ante outro grande, o Xixón, segundo na táboa.
Cíes Chapela 24-34 Seis do Nadal
O equipo de Lupo, afundido no pozo da clasificación como pechacancelas, non foi quen de seguir o ritmo do Seis do Nadal. O último partido de liga xogarano en Canarias ante o morro Jable.
Primeira Nacional

Octavio 24-30 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela impúxose sen demasiados problemas en vigo ao Octavio, levou o mando do partido, o que lles permite manter algúnha opción de clasificarse para os play-off de ascenso. A victoria dos de Fran Teixeira afunde un pouco máis ao Octavio, que pelexa pola permanencia. Outra consecuencia é a salvación matemática da SAR. Foi unha xornada ses sorpresas a falta de tan só tres partidos para que finalice a liga. Os cinco primeiros clasificados gañaron e o tres últimos perderon na Primeira Nacional. Na próxima xornada o Chapela recibe ao Novás, o seu inmediato perseguidor.
Luceros 36-27 SAR Plastic Omnium
Os de Carlos Rey non puideron co filial do Morrazo, que foi moi superior. Con todo, os redondeláns viaxaban o domingo ao Gatañal coa tranquilidade de saber que tiñan a permanencia no peto, logo de que o Octavio non conseguise sumar o sábado ante o Chapela. Na próxima xornada reciben en Redondela a un duro rival, o Lalín, terceiro da táboa e que pelexa por meterse na fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará