Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición volvería reprobar ao alcalde por abandonar a asemblea da área metropolitana

RR_Noticias

Os grupos da oposición en Redondela- PSOE, BNG e AER- téñeno claro: a suspensión cautelar da área metropolitana decretada polo xuiz en ningún caso avala a decisión do alcalde, Javier Bas de levantarse da sesión constitutiva da área. Unha decisión que lle valeu a reprobación por parte da oposición. Mentres dende o PP sacan peito e aseguran que a decisión do xuiz dá a razón a Bas, a oposición lembra que o auto xudicial alude a unha cuestión formal e, en ningún caso, ao transporte metropolitano que era o argumento esgrimido dende o PP.

No BNG lamentan a suspensión do ente porque “paraliza un organismo que sería beneficioso para todos os veciños de Redondela e reiteran que “a actuación do alcalde na asemblea constituinte foi vergoñenta e por iso presentamos a moción de reprobación que saíu aprobada”.  Xoán Carlos González asegura que o “PP recorre ao xulgado para tentar parar un órgano que non teñen controlado” e aventura que a área metropolitana “está morta ata as próximas elección municipais”. No mesmo sentido maniféstase o edil de AER, Ricardo Figueroa “é negativo que se paralice a área metropolitana” e reitera que volverían votar a favor de reprobar ao alcalde por abandonar a asemblea “o PP abandona polo transporte que é o seu cabalo de batalla e o auto do xuíz bota ese argumento polo chan. Os populares querían boicotear a área e agora o único que buscan é sacarlle rendemento político a decisión xudicial”. Pola súa banda dende o PSOE Eduardo Reguera apunta “volveríamos votar a reprobación e agora por un dobre motivo, porque é reprobable que Javier Bas se levante do pleno constituínte e porque están mentido”. Explica Reguera que a escusa do PP para ausentarse do pleno “foi sempre que non se estaba a incluír o transporte metropolitano por moito que agora aproveiten habilmente o auto do xuíz”. Unanimidade polo tanto á hora de criticar ao PP pero non tanto á hora de repartir responsabilidades. Mentres BNG e AER teñen claro que o non funcionamento deste ente “é unha responsabilidade compartida entre Feijoo e Caballero” o socialista Eduardo Reguera insiste en que “este organismo non está constituído porque o PP levantouse da asemblea, o resto mantivémonos alí e debatemos de xeito construtivo para poñela en funcionamento, por iso o único responsable de que non funcione son os populares”.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas critican que o PP xudicializase a área metropolitana xa que se paraliza un ente moi beneficioso para os veciños
Responsabilidades compartidas
Feijoo e Caballero serían culpables da situación actual
Ricardo Figueroa AER
O PP abandona polo transporte e agora quere sacarlle rendemento político a resolución do xuiz
Dous culpables
Para AER tamén a situación actual é culpa dos partidos maioritarios
Eduardo Reguera PSOE
Agora votaríamos a reprobación dobremente
Responsabilidade do PP
O resto dos partidos seguimos negociando mentre os populares abandonaban a asemblea

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará