Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños da Telleira denuncian o estado de abandono do barrio

RR_Noticias

Os veciños da zona da Telleira, na parroquia redondelá de Cesantes, denuncian o estado de abandono do barrio. Quéixanse dos buracos e fochancas nas estradas e da maleza e lixo que prolifera en moitas leiras. Afirman que levan anos reclamándolle ao Concello que arranxe estas deficiencias, e que non obteñen resposta.

Hai case dous meses realizaron unha recollida de sinaturas e presentaron un escrito no rexistro municipal “ata en inglés”, pero seguen á espera dunha solución. Víctor Portela advirte que os cruces están sen sinalizar, e carecen de espellos, polo que a falta de visibilidade provoca accidente. O asfaltado da rúa remóntase aos anos 80, e os remendos nas fochancas reventan continuamente. A siutación agravouse coa instalación de dúas empresas na zona, xa que o tráfico pesado que provoca a súa actividade fai estragos na xa de por si maltreita rúa. Para Ángel Silva, outro dos veciños, a situación é de “abandono total”. Tamén piden que o Concello obrigue os particulares a cumprir a normativa de limpeza dos terreos. Aseguran que están cheos de maleza que invade os camiños e afecta ás casas colindantes. En moitos casos danse situacións de auténticos vertedoiros, con colchóns vellos, inodoros e bañeiras tirados nas fincas. Polo momento nin as constantes reclamacións nin a última recollida de sinaturas tiveron resposta do Concello e os veciños seguen esperando os arranxos.  

Víctor Portela veciño afectado
Denuncian que o deterioro dos camiños provoca accidentes de tráfico.
Ángel Silva veciño afectado
Silva lamenta o estado de abandono do barrio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará