Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro “Non des a esquecemento” de Luis Bará en Arcade

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior organiza hoxe ás 21:00 horas no Multiúsos de Arcade a presentación do libro “Non des a esquecemento”. O escritor, profesor e deputado acompañará a súa presentación cunha proxección gráfica na que os asistentes poderán visualizar imaxes dos tempos máis escuros da nosa historia durante a ditadura de Franco.

A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O libro recolle episodios da represión en Vilaboa, concello natal de Luís Bará; relatos de mulleres represaliadas; una crónica “Fragmentaria” do terror vivido en San Simón ; unha homenaxe ás  casas refuxio que acolleron persoas fuxidas; xunto con outras historias acontecidas en terras de Pontevedra, o Morrazo, Vigo ou o Salnés
O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade “tempos de represión, asasinato e persecución que debemos lembrar para que as xeracións máis novas coñezan a historia de barbarie fascista, só así poderemos evitar que se repita” explica Bará.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará