Os establecementos participantes, un total de 30, serviron unha media de 340 pinchos nos primeiros día desta edición e apuran xa os preparativos para a segunda fin de semana que se espera conte cunha maior afluencia de público, ao coincidir coa celebración do festival Redondela en curto. As previsións, de seguir con este ritmo, superarán os datos da pasada edición.
Un éxito que dende a Asociación de empresarios, organizadora do evento, achancan ás formidables propostas gastronómicas que achegan as cociñas do 30 locais participantes que tentan superarse ano tras ano. Este fin de semana a oferta culinaria compleméntase ademais coa oferta de ocio ao coincidir co Festival Nacional de Curtametraxes que proxectará películas ata o Domingo 30 de abril, data na que tamén chega ao seu remate esta Ruta do Pincho que ofrece apetitosos petisco acompañados de bebida a un prezo de 2,75 €.
Lembran tamén que está a disposición de todos os usuarios de móbiles a aplicación Redondela de Cerca que xa achega máis dun centenar de descargas e continua cargándose de contidos xa que a Asociación de Empresarios ten preparada a seguinte campaña con motivo do Día da Nai. A partir do día 2 de maio e ata o 7 estará aberto o concurso do Día da Nai na que os clientes que se paseen por Redondela terán a ocasión de facerse fotos nos Photocall que se colocarán en distintos puntos da zona comercial baixo a temática #QuéroteMamá e con este hashtag poderán subir ás fotos realizadas ao facebook da Asociación de Empresarios de Redondela e gañar vales de compra para mercar no comercio local.