Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tempada de capturas do choco mellora a do ano anterior grazas aos viveiros artesanais

RR_Noticias

A confraría de Redondela promociona estes días o seu produto estrela no Salón Gourmet de Madrid onte comparte stand cos pósitos de Cangas e Aldán. Unha visita que o patrón maior Clemente Bastos, entende obrigada “tendo en conta que o 95% do choco que se captura en Redondela véndese a restaurantes de Madrid, Barcelona e País Vasco”. No que vai de tempada xa se capturaron 22.000 kilos.

A piques de celebrarse a festa do Choco, o evento gastronómico máis salientable do ano en Redondela, dende a confraría aplauden os resultados que está a deixar a campaña de capturas. “Lévanse capturados máis de 22.000 kilos de choco, unha cifra moi por riba dos datos do anos pasado”. Engade Clemente Bastos que as cifras son positivas en capturas pero tamén en prezos “xa que o choco se está a vender a 1,5 euros por encima do prezo do 2016”. Apunta tamén o patrón maior que os datos sorprenden “tendo en conta que as capturas fóra da enseada foron escasas” e engade que estas capturas veñen demostrar os bos resultados dos viveiros tradicionais que dende a confraría se crearon na enseada. Esta técnica consiste en depositar ramas de piñeiro no fondo da ría para favorecer a reprodución da especie, unha práctica popular no pasado para mellorar a produtividade do choco e que foi recuperada nos últimos anos. Un choco que non necesita de publicidade na nosa contorna, pero que estes días se está a promocionar no salón Gourmets que se celebra en Madrid. Navalla, orella de mar e choco son os tres produtos estrela do stand que comparten as confrarías de Cangas, Aldán e Redondela nun salón que serve para facer negocio e fomentar as cualidades dos produtos das rías galegas.  

Clemente Bastos Patrón Maior
Máis capturas grazas aos choco que criaron nos viveiros
Oportunidade de negocio
No salón gourmets péchanse vendas
Calidade
A festa do choco volverá contar cun produto noso de calidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará