Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Maios volverán lucir en Redondela

RR_Noticias

Un total de 14 Maios participan o vindeiro luns nunha nova edición desta tradicional benvida á primavera. A partir das 11:00 horas está previsto que se sitúen ao longo da beirarrúa rúa Ribeira. O casco urbano permanecerá pechado ao tráfico xa dende as dez para favorecer a celebración desta cita que está moi pendente da situación meteorolóxica nunha fin de semana marcada pola inestabilidade.

O número de participantes mantense estable con 14 agrupacións nesta edición, moi afastada iso si do número de participantes de décadas atrás onde se chegaba a superar os 40 maios. Con todo, dende a Concellería de Cultura entenden que está garantido o relevo ano tras ano, con novos grupos, asociacións e colectivos que se suman a esta celebración. Un xeito diferente de dar a benvida a primavera, con esas composición vexetais que durante toda a mañá permanecerán na beirarrúa da rúa Ribeira e que subirán aos escenario para cantar as súas coplas cheas de retranca e ironía. Este ano ademais incrementouse o importe dos premios con 250€ para o primeiro clasificado en cada categoría (maio tradicional, artístico, coplas e interpretación), 200 o segundo e 150 o terceiro. En total, a concellería repartirá 2.400 euros en premios. As categorías que o xurado avaliará e premiará será a de coplas onde se valorará a súa sonoridade, o humor, a temática… Na categoría de interpretación valorarase a actuación dos membros que forman o maio. Por último están as categorías de tradicional na que entran as formas cónicas e os cruceiros e a de Maio Artístico onde se valorarías as demais formas.  

Teresa París Concelleira de cultura
14 maios participan nesta edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará