Os de Marcos Montes continuarán a vindeira tempada na Terceira División tras facer onte o que precisaban para manter a categoría. Sumaron o punto que precisaban para acadar matematicamente a salvación logo dunha temporada na que atravesaron unha mala racha. Na fase de ascenso a Segunda Autonómica o Chapela goleou a domicilio ao Lavadores.
Terceira División
Silva 1-1 Choco
Os redondeláns certificaron na Coruña o seu obxectivo, e evitan os nervios da última xornada, pendentes dun novo descenso de Segunda División B que podería complicar a situación. Os locais comezaron con gañas no campo da Grela, pero o seu xogo non era efectivo ante un Choco moi seguro e resolutivo. E os de Redondela adiantáronse no marcador mediada a primeira parte nunha rápida xogada de contragolpe na que anotou Silva. Tras o gol do Choco mantívose a mesma tónica no xogo. O Silva tentábao, pero daba contra o muro redondelán. Na segunda parte mellorou a situación dos locais, que comezaron a crear máis perigo sobre a portaría de Cortegoso. Nunha das ocasións conseguiron un penalti que transformou Renán no minuto 53. Os coruñeses tiñan tempo para a remontada, pero o Choco defendeuse e aguatou o resultado ata o final. Os redondeláns puideron celebrar a permanencia na categoría, tras unha tempada complicada onde as baixas de xogadores importantes condicionaron os resultados. Santa Mariña será o domingo unha festa no último partido da tempada, onde o Choco se mide ao Barco a partir das 18.00 horas .
Silva: Seijoso, Lema, Cardelle, Hugo Díaz (Bernardello, min. 46), Larusso, José Moure, Álvaro López (Gagino, min. 71), Sicardi, Michi Leal, Zanelli, David García (Joao Carlos, min. 64).
Choco: Cortegoso, Javi González, Molinos, Lucas (Alberto Rey, min. 74), Gándara, Alberto Suárez, Caloi, Rober, Comis (Ricar, min. 64), Óscar Pérez (Félix, min. 64), Silva.
Goles: 0-1, min. 25: Silva; 1-1, min. 53: Zanelli, de penalti.
Segunda Autonómica
Caldelas-Choco B 4-3
Partido tolo o vivido en Caldelas de Tui. Primeiro, con 2-0, adiantouse o Caldelas, que logo se viu superado polo Choco B que conseguía a remontada cun 2-3 . Ao final, os locais lograron volver remontar e levar os tres puntos do choque. Os tantos locais foron de Rafa, Buga, Suso, de penalti, e Hugo. Os do Choco de de César, Julián e Dani. O Choco B, que é 4º, recibe ao Xinzo no último partido de liga en Santa Mariña.
Fase de Ascenso a Segunda Autonómica
Lavadores 0-3 Chapela
O Chapela conta con moitas opcións para acadar a seguinte ronda da fase de ascenso logo da vitoria en Lavadores. O Chapela sentenciou o partido na primeira metade. O tres tantos chegaron nesta parte e, aínda que o Lavadores tentouno, non foi quen de superar a defensa dos redondeláns. Deberá ratificar o pase no partido de volta.