Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mariscadores de Arcade arremeten contra a Asociación de Marisqueo a flote da Ría de Vigo

RR_Noticias

Anuncian a súa desvinculación do colectivo por entender que se está favorecendo outras artes en detrimento das 90 embarcacións que se dedican ao marisqueo a flote na zona de Arcade. A principal queixa dos afectados céntrase no plan de explotación dos bancos elaborado pola Asociación da Ría de Vigo, que preside Clemente Bastos, e que cualifican de “nefasto” porque lles obriga a traballar “en zonas onde só hai cría ou ameixa fóra de talla mentres se manteñen pechados outros bancos en excelente estado por interese do trasmallo”.

Explica un dos afectados, Apolinar Couñago, que a día de hoxe o plan de explotación existente obrígalles a traballar nun banco onde a ameixa é moi pequena, polo que non chegan a colleitar o cupo mínimo que lles garanta un salario digno. Por este motivo, demandan que se abran outros bancos que se atopan en excelente estado, petición que lles foi denegada. “O motivo é que se da prioridade ao interese dos trasmalleiros” engade Couñago. “Os barcos que se dedican ao trasmallo atópanse en plena tempada de captura do choco. Cando peche a tempada do trasmallo pasarán ao marisqueo a flote, atopándose con ese banco en perfectas condicións xa que levará pechado máis de 8 meses”. Unha situación que está a provocar importantes perdas económicas aos profesionais do marisqueo por culpa dun plan de explotación “deseñado para manter os intereses de persoas alleas ao sector”. Ante esta situación a primeira medida que contemplan é abandonar a Asociación de marisqueo a flote “porque non nos representa, non sementan nin vixían como terían que vixiar e non defenden os nosos intereses”.  

Poli Couñago mariscador
Explica a problemática coa que se atopan actualmente
Un plan que atende aos intereses do trasmallo
Reclaman que se abra o banco actualmente pechado
Medidas de presión
A primeira será desvincularse da Asociación da Ría de Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará