Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O profesor de piano” do coruñés Daniel Martínez Mariño gaña o certame literario Os Viadutos

RR_Noticias

O xurado da XVII edición do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela outorgou o primeiro premio a Daniel Martínez Mariño, de Ares (A Coruña), polo seu traballo titulado “O profesor de piano”. O segundo galardón foi para Antía Yañez Rodríguez, de Cambre (A Coruña), polo seu relato “Pobonovo”. Os accesits concedéronse á lucense Beatriz López Dorado, pola obra “As vacas non usan stilettos”, e a Roi Vidal Ponte, por “As tres mortes (por asfixia) de Ester V. Lavandeira”. A entrega de premios será o próximo 17 de xuño.

A obra O profesor de piano fíxose merecedora do primeiro premio por tratarse dun relato ben construído e con moita forza narrativa, no que destacan os seus personaxes consistentes que evolucionan a través da obra polo contacto que establecen entre eles, segundo salienta o xurado. O seu destino muda na medida en que as súas vidas se cruzan no momento en que se van desvelando os seus segredos. A violencia machista como drama vivido en silencio non só pola protagonistas, tamén pola sociedade cómplice. Vidas atormentadas que o autor dosifica na trama con intelixencia e así mantén a intriga ata o final.
O segundo premio foi para “Pobonovo”, un relato sorprendente pola súa orixinalidade, polo novidoso tratamento do humor aplicado á política e á sociedade actual. En poucas páxinas e capaz de mostrarnos a decadencia do rural galego, o estado do xornalismo, o rexeitamento do novo ou a aversión das persoas ao cambio. O xurado apunta como un dos aspectos máis atractivos desta obra o uso da retranca, o xeito intelixente de desenvolvela e a parodia que fai do sistema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará