Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xente Titiriteira lembra a Marga Maderal Cal

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acollerá este martes ás 20:00 horas un pequeno acto en lembranza de Marga Cal, unha muller que estivo dende os seus inicios na organización do Festival de Títeres e que nos deixaba hai apenas uns meses. Unha homenaxe que se suma a outras como as que recentemente organizaban dende o Colexio de Cedeira, na que os seus compañeiros e exalumnos lembraban a súa faceta de mestra comprometida a través dun vídeo e unha exposición (https://www.youtube.com/watch?v=NNFONrvJesg)

O acto homenaxe que terá lugar na tarde do martes na entrada do Multiúsos da Xunqueira consistirá na interpretación dun tema musical e unha proxección fotográfica, “un acto íntimo” en palabras de Eduardo Rodríguez Cunha Tatán quen lembraba a incansable colaboración de Marga Cal na realización do festival dende os seus inicios. Non é esta a única homenaxe que nos últimos tempo se lle teñen feito a Marga Maderal Cal, a quen se lembra con especial cariño no colexio de Cedeira, onde foi mestra ata a súa xubilación. Foi ela a protagonista dunha exposición elaborada por profesores e alumnos co gallo do Día da Muller e tamén, os que foran os seus alumnos e compañeiros, elaboraron un sentido e cariñoso vídeo na súa memoria onte se recolle a fonda pegada que esta mestra deixou entre os rapaces e rapazas que pasaron polas súas aulas. Un vídeo ao que se pode acceder a través do enlace   https://www.youtube.com/watch?v=NNFONrvJesg  

Tatán Xente Titiriteira
Homenaxe a Marga Cal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará