Hoxe é Luns 2 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro menores fugados do Príncipe Felipe propinan unha tunda a un mozo nas festas do Choco

RR_Noticias

Foron varios os menores vítimas dun roubo con forza na madrugada do pasado sábado, sendo o máis afectado un menor que sufriu unha fractura de costela e a rotura de catro dentes. Dous dos agresores foron detidos pouco despois por efectivos da Policía Local e Policía Nacional e trasladados ao centro de menores Príncipe Felipe de Pontevedra, onde se atopan internados. Ante estes feitos, que se producían no trasncurso da celebración da festa do choco, a Federación de Asociacións de Veciños demanda do goberno que incremente a presenza policial na noites das datas festivas.

Os feitos denunciados teríanse producido na madrugada do pasado sábado día 13, coincidindo coa celebración da Festa do Choco, cando catro mozos menores de idade foron abordados de forma individual  coa intención de subtraerlles pola forza pequenas cantidades de diñeiro e teléfonos móbiles. Os agresores, tamén menores non dubidaron en exercer a forza recibindo un dos agredidos unha malleira con rotura de dúas costelas e 4 dentes, e noutro caso unha ferida cun arma branca, segundo apuntan dende a Federación de Asociacións de Veciños.
Dado os acontecementos, este colectivo demanda das autoridades maior presenza policial nas vindeiras noites das datas festivas, e en especial en horas e puntos quentes nos que se poida producir unha agresión ou pelexa.
Alertan tamén que o rapaz que recibiu a paliza, malia ter demandado axuda a xente que pasaba polo lugar “esta foille denegada ata que foi socorrido polas empregadas do Bar Rivas na Avenida Mendiño”. Por este motivo fan un chamamento á cidadanía para que non se repita esta situación “ante calquera agresión da que teñamos coñecemento non deberamos pasar como si nada acontecera, porque ninguén ten ningún dereito, nin razón para agredir a outro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará