Os feitos producíronse na tarde do luns cando este home, J.J.O.C. de 44 anos de idade veciño da parroquia de Quintela, foi interceptado pola Garda Civil de tráfico cando ía ao volante dun vehículo articulado pola A-52 á altura de Ponteareas. Logo de facerlle a proba do alcohol comprobouse que presentaba unha taxa de 1,69, a máis alta da detectada nos últimos anos en Galicia ao superar once veces a máxima permitida para este tipo de vehículos (0,15). Procedeuse a súa detención acusado dun delito contra a seguridade vial.
Eran as seis da tarde do pasado luns cando un condutor a través dunha chamada telefónica advertía dun camión articulado que circulaba de xeito errático pola A-52 á altura de Ponteareas. Unha patrulla da Garda Civil procedeu a interceptar o vehículo e ante os evidentes signos de embriaguez que presentaba o camioneiro realizáronlle a proba de alcoholemia que deixou un resultado de 1,69 e 1,63, procedéndose a inmobilizar o vehículo.
A taxa de alcohol que presentaba está próxima ao como etílico o que supón un grave perigo na estrada. O home enfróntase a unha pena de entre tres e seis meses de prisión, multa ou traballos en beneficio da comunidade ademais da privación do carné de un a catro anos.