Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous anos sen carné para o camioneiro redondelán que multiplicaba por dez a taxa de alcol permitida

RR_Noticias

Foi condenado tamén a 60 días de traballos á comunidade e perdeu o seu traballo como transportista. O veciño da parroquia de Quintela fora interceptado a pasada semana na autoestrada A-52, á altura de Ponteareas, ao volante dun camión cando multiplicaba por 10 a taxa máxima de alcol permitida para este tipo de condutores profesionais.

Foi condenado a realizar 60 días de traballos en beneficio da comunidade e a retirada do carné por un período de dous anos. Á saída do Xulgado de Instrución número tres de Ponteareas, o avogado da defensa, Luís Orge, explicou que se chegara a un acordo coa Fiscalía. Da pena que solicitaba inicialmente de catro anos de retirada de carné e multa de 2.500 euros, finalmente pediu tres anos de retirada de carné e 90 días de traballos en beneficio da comunidade. Con iso, debido a que a conformidade no xuízo rápido leva aparellada a redución da pena nun terzo, a condena final é de dous anos de retirada de carné e 60 días de traballos. O avogado da defensa valorou positivamente a pena imposta, xa que entende que en vista dos feitos “calquera cousa que non pasase de dous anos -de retirada de carné- era un acordo satisfactorio”, posto que máis tempo supuña a perda da vixencia do permiso de conducir. O letrado explicou que o camioneiro, que como consecuencia do ocorrido perdeu o seu traballo, está a recibir tratamento para epilepsia e toma Trankimazin, o que provocou que o alcol “lle subise máis, fíxolle reacción”. De feito, indicou que o informe da Garda Civil recoñece que estaba tranquilo e falaba, cando cunha taxa de máis de 1,60 mg/l “debería estar no chan”. Ademais, tras agradecer á fiscal que entendese as circunstancias persoais do seu cliente, engadiu que o home conduciu en total 18 minutos e decidiu parar porque “se atopaba mal”. Así, comentou que os axentes da Garda Civil de Tráfico interceptárono na área de servizo cando xa estaba a deter o camión. Neste marco, o avogado sinalou que non se lle imputan delitos de condución temeraria nin danos persoais, senón unicamente condución baixo os efectos das bebidas alcohólicas.

Mistura de alcol e fármacos
A medicación que debe tomar o camioneiro misturada co alcol provocou unha reacción fatal.
Luis Orge avogado
O letrado amósase satisfeito logo do acordo ao que chegaron coa fiscalía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará