Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tania Otero, psicóloga: “O acoso escolar vai en aumento e afecta a nenos cada vez máis novos”

RR_Noticias

Nenos e nenas de tan só 7 anos están a padecer bullying. Un fenómeno que non é novo pero que nos últimos tempos ten adquirido maior relevancia polo elevado número de casos que se dan a coñecer e tamén polas campañas institucionais que animan a denunciar esta situacións que afectan principalmente a rapaces e rapazas adolescentes, aínda que cada vez son máis os menores desa idade vítimas do acoso escolar. Imprescindible segundo os expertos o papel que pais e educadores deben xogar de cara a acabar con esta lacra na que pouco se ten avanzado dende que no ano 2002 se coñecese o primeiro caso de suicidou motivado polo acoso escolar.

Non é doado detectar un caso de acoso escolar, así o explica a psicóloga Tania Otero, quen fai fincapé en que o último paso é a violencia física que ven precedida normalmente por violencia psicolóxica que vai minando a vítima. Por ese motivo é fundamental que pais e nais así como educadores estean atentos “os principais síntomas do acoso son os cambios bruscos de humor, os trastornos do soño, a negativa a ir ao colexio ou instituto, episodios de silencio ou abstracción”. Ante estes cambios hai que falar co neno e intentar afondar en que é o que lle ocorre. Otero recoñece que hai determinados perfís que favorecen que un menor se converta en vítima (baixa autoestima, persoas introvertidas con poucas habilidades sociais e aos que lles custa dicir non) ou en agresor (nenos que sempre tentan lograr as cousas usando a forza) pero que non hai que obsesionarse neste sentido. Unha vez detectado o problema aconsella buscar axuda cando a situación sexa dificilmente controlable por parte dos proxenitores e sempre dar apoio “obviamente a vítima que é quen máis o necesita pero tamén ao agresor, que debe saber que condenamos esa conduta pero tamén debemos tenderlle a man para que saiba que desa situación pódese saír”.  

Tania Otero Psicóloga
Fálanos de como detectar un caso de acoso
Perfil
Tanto vítima como agresor adoitan ter uns rasgos determinados
Como actuar
Buscar axuda e apoiar tanto ao acosado como ao acosador

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará