Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O filial do Choco e o xuvenil xóganse o ascenso

RR_Noticias

Fin de semana moi especial en Santa Mariña. O Choco B xoga este domingo ante o Cruceiro o partido de volta das semifinais da fase de ascenso a Primeira Autonómica. Os xuvenís buscan ascender de categoría e chegar á Liga Galega Xuvenil. Xóganse o pase ante o Figueirido en Santa Mariña o sábado.

O Choco B xoga este domingo ante o Cruceiro o partido de volta das semifinais da fase de ascenso a Primeira Autonómica. Perderon na ida en Cangas por 1-0, pero a eliminatoria está aínda “totalmente aberta” e confían en darlle a volta na casa co apoio da afección. Iván Crespo, presidente do club, entende que o ascenso sería moi positivo para a entidade, xa que permitiría traballar coa canteira nunha categoría máis esixente, e preparalos mellor para dar o salto ao primeiro equipo. A cita é o domingo ás 18.00 horas. Antes, mañá sábado, teñen outra cita importante en Santa Mariña, a o equipo xuvenil. Están na busca de ascender de categoría e chegar á Liga Galega xuvenil. Xogan ante o Figueirido en Santa Mariña. Perderon 2-1 na ida e piden o apoio da afección desde as bancadas de Santa Mariña para dar ánimo e conquerir a remontada. A cita o sábado ás 18:00 horas  

Iván Crespo presidente do club
O club entende que a eliminatoria está totalmente aberta e piden o apoio da afección.
Ascenso dos xuvenís
Queren remontar o resultado adverso do 2-1 da ida ante o Figueirido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará