Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ledicia Costas: “Ser muller, escritora en galego e de literatura infantil é un acto revolucionario”

RR_Noticias

Así o sinalaba a escritora no acto inaugural da Feira do Libro na que se reivindica o papel da muller lectora. Unha feira que ata o vindeiro domingo na Alameda acolle presentacións literarias e actividades para todos os públicos con descontos do 10% apra aqueles que adquiran algún libro nalgunha das sete librarías participantes. Neste venres haberá contacontos a partir das 18:00h e presentación dos libros El guardabosques de Yesica Prol Cid e De tu corazón a mi libro de Pablo Piñeiro e Hugo Sanmartín. Citas que continuarán o sábado coa presentación entre outras da obra Pituxa a fantástica nena da caca de ouro na caseta das bibliotecas e o domingo cun concerto das Maimiñas ás 13:00 horas e unha tarde máxica en torno á figura de Harry Potter.

  así o sinalaba a escritora Ledicia Costas, encargada de ler o pregón no acto de inaugural que se celebraba na tarde do xoves coa actuación da Orquestra de Saxos de Redondela e a presenza do Secretario Xeral da Xunta, Anxo Lourenzo, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez. Costas puña en valor a escritura en galego lembrando os versos de Celso Emilio Ferreiro do seu poema “Deitado Frente ao Mar” Un pregón cargado de referencias ao noso concello, que Costas identifica necesariamente co tren “porque a miña primeira viaxe en ferrocarril foi ata Redondela” aínda que co tempo a súa vinculación adquiriría tamén tintes literarios, coa figura de Jules Verne. Un acto no que a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, facía fincapé na importancia destas feiras para facer fronte “ao desarme cultural, estrutural e económico que estamos a padecer” na actualidade. Un novo atractivo para achegarse a Redondela e que se suma as numerosas actividades culturais e de ocio que se ofertan estas semanas no noso concello como sinalaba o Secretario Xeral da Xunta, Anxo Lourenzo. Unha feira que achega ao noso municipio as últimas novidades editoriais e un programa de máis de 20 actividades ata o 11 de xuño para todos os públicos, que inclúen presentacións e sinatura de libros, obradoiros infantís, espectáculos musicais e contacontos, sendo unha das máis interesantes a que nos deixa a Biblioteca municipal coa presentación o sábado ás 18:00 horas do libro infantil  “Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro” de Marcos López Concepción. Acompañarán ao autor, a ilustradora da obra, Lida Nokonoko, Francisco Castro da editorial Galaxia e Mª Elena Becerra, bibliotecaria de Redondela. Entre os participantes á presentación deste libro, que veu a luz na sala de estudo da Biblioteca Municipal Valle-Inclán  de Redondela,  sortearanse tres penicos a modo de cesta de agasallo, cheos de caramelos e chocolates. A Feira do Libro de Redondela permanecerá aberta hoxe e mañá venres de 11:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 17:00 a 21:00 horas en horario de tarde. Na fin de semana, poderá visitarse de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 horas.  

Ledicia Costas escritora
Reivindica o papel da muller na literatura
Redondela e o ferrocarril
Para ela dúas palabras vencelladas
Pilar Rodríguez Presidenta libreiros de Galicia
Unhas feiras para facer fronte ao desarme cultural
Mª Elena Becerra bibliotecaria
Fálanos do acto do sábado coa presentación de Pituxa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará